Xoves 28 Marzo 2024

Sharpless 308: a burbulla estelar

Sharpless 308: a burbulla estelar
Créditos da imaxe e copyright: Kfir Simon.

Explicación: inflada polos ventos rápidos procedentes dunha estrela masiva e quente, esta burbulla cósmica é enorme. Catalogada coma Sharpless 2-308 atópase a uns 5.200 anos luz de distancia cara a constelación do Can Grande (Canis Major) e cobre lixeiramente máis do ceo que unha Lúa chea. Iso equivale ao diámetro de 60 anos luz a súa distancia estimada. A estrela masiva que creou a burbulla, unha estrela Wolf-Rayet, é a brillante preto do centro da nebulosa. As estrelas Wolf-Rayet teñen unhas 20 veces a masa do Sol e pénsase que están nunha breve fase pre-supernova de evolución de estrelas masivas. Os ventos rápidos desta estrela Wolf-Rayet crean a nebulosa con forma de burbulla mentres varren máis lentamente o material que moven desde unha fase máis temperá de evolución. A nebulosa levada polo vento ten unha idade duns 70.000 anos. A emisión relativemente feble captada nesta gran imaxe está dominada polo brillo dos átomos de osíxeno ionizado cartografados nun ton azul.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente