Sh2-155: a nebulosa da Cova

Nebulosa da Cova
Créditos da imaxe e copyright: Bill Snyder (Bill Snyder Photography).

Explicación: esta paisaxe celeste chea de cor amosa a poeirenta rexión de emisión Sh2-155 do catálogo Sharpless, a nebulosa da Cova. Na imaxe composta, os datos tirados ao través de filtros de banda estreita rastrexan o brillo dos átomos de osíxeno, hidróxeno e xofre ionizados en cores azul, verde e vermello. A uns 2.400 anos luz de distancia, a escena sitúase ao longo do plano da nosa Galaxia Vía Láctea cara a real constelación setentrional de Cepheus. As exploracións astronómicas da rexión desvelan que se formou nos límites da masiva nube molecular Cepheus B e da asociación molecular de estrelas novas e quentes Cepheus OB 3. A crista brillante de gas interestelar ionizado está excitado pola radiación de estrelas quentes, dominadas pola estrela brillante xusto por riba do centro da imaxe. As frontes de ionización dirixidas pola radiación probablemente estean a desencadear formación de estrelas novas e o colapso de núcleos. A cova cósmica, coas dimensións axeitadas para unha gardería estelar, ten uns 10 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.