Venres 19 Abril 2024

SH2-155: a nebulosa Cova

Créditos da imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm
Créditos da imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm

Explicación: esta paisaxe celeste amosa a poeirenta rexión de emisión do catálogo Sharpless denominada Sh2-155, a nebulosa Cova. Na imaxe telescópica, os datos tomados ao través dun filtro de banda estreita rexistra o brillo avermellado dos átomos de hidróxeno ionizado. A uns 2.400 anos luz de distancia, a escena sitúase ao longo do plano da nosa Vía Láctea cara a constelación setentrional e real de Cepheus. As exploracións astronómicas da rexión desvelan que se formou na fronteira da nube molecular masiva Cepheus B e as estrelas novas da asociación Cepheus OB 3. O bordo brillante de gas hidróxeno ionizado recibe enerxía pola radiación das estrelas quentes, dominadas pola estrela máis brillante de enriba e a esquerda do centro do recadro. Probablemente as frontres de ionización dirixidas pola radiación están a desencadear o colapso dos núcleos e a formación de estrelas novas no interior. A cova cósmica, co tamaño axeitado para unha gardería estelar, ten uns 10 anos luz de tamaño.

Rematamos a xira galega das charlas sobre o APOD do último ano en Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón