Sete mundos para TRAPPIST-1

Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech, Telescopios Espacial Spitzer, Robert Hurt (Spitzer, Caltech)
Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech, Telescopios Espacial Spitzer, Robert Hurt (Spitzer, Caltech).
Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech, Telescopios Espacial Spitzer, Robert Hurt (Spitzer, Caltech)
Créditos da ilustración: NASA, JPL-Caltech, Telescopios Espacial Spitzer, Robert Hurt (Spitzer, Caltech).

Explicación: a tan só 40 anos luz de distancia, sete mundos orbitan a estrela anana ultrafría TRAPPIST-1. En maio de 2016 astrónomos que estaban a usar o Transiting Planets and Planetesimals Small Telescope (TRAPPIST ou Telescopio pequeno para planetas e planetesimais en tránsito) anunciaron o descubrimento de tres planetas no sistema TRAPPIST-1. Tal e como se acaba de anunciar, cofirmacións e descubrimentos adicionais feitos polo telescopio espacial Spitzer e telescopios terrestres do ESO aumentaron o número de planetas coñecidos ata sete. Probablemente todos os planetas de TRAPPIST-1 sexan rochosos e de tamaño semellante á Terra, o que sería o maior tesouro agochado de planetas terrestres detectado ata o de agora ao redor dunha estrela soa. Como orbitan moi preto da súa pequena e feble estrela, tamén poderían ter zonas onde as temperaturas superficiais permitiran a presenza de auga líquida, un ingrediente chave para a vida. A súa abraiante proximidade á Terra fainos candidatos de primeira orde para futuras exploracións telescópicas de atmosferas de planetas potencialmente habitables. Os sete mundos aparecen nesta ilustración artística, unha imaxe imaxinaria dun potente telescopio ficticio preto do planeta Terra. Os tamaños dos planetas e as posicións relativas están debuxadas a escala para as observacións do Spitzer. Os planetas máis interiores do sistema están a transitar por diante da súa estrela, tenue e vermella, cun tamaño parecido a Xúpiter.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.