Sentinelas do Ártico

Sentinelas-do-Artico
Créditos da imaxe e copyright: Niccolò Bonfadini.

Explicación: quen garda o Norte? Xulgando a fotografía de enriba, posiblemente árbores xigantes cubertas de neve e xeo. A fotografía publicada tirouse hai uns poucos invernos na Laponia finesa, onde o tempo acostuma traer temperaturas baixo cero e intensas nevaradas. Ás veces o resultado son paisaxes surrealistas, onde as árbores comúns se agochan baixo un manto branco e semellan, ás veces, extraterrestres vixilantes. Lonxe na distancia, por tras desta vista terrestre, pouco común, hai unha vista máis habitual; un cinto de Venus que dividía un ceo escuro do alumeado mentres o Sol se erguía por tras do fotógrafo. Como é natural, na primavera, as árbores desconxélanse e Laponia parece moi diferente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.