Xoves 28 Marzo 2024

Ronseis de cerro Tololo

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN), AURA
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN), AURA

Explicación: na primeira hora do luar do serán as luces dun coche deixaron un ronsel abandoado ao longo da estrada que leva ao chileno Observatorio Inter-americano de Cerro Tololo. As estrelas que se poñen deixan os seus ronseis no ceo. A tranquila imaxe cara o horizonte montañoso foi captada con teleobxectivo nun vídeo secuencia e unha imaxe tirados desde o achegado Cerro Pachon, fogar do Gemini Sur. A clara e longa liña de visión que permite o cumio do punto de observación atravesa capas de atmosfera. A cambiante refracción atmosférica varia e perturba os doutro xeito camiños aparentemente tranquilos das estrelas mentres se poñen. Ese efecto tamén provoca a aparencia distorsionada do Sol e a Lúa mentres se erguen ou se ocultan preto dun horizonte afastado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente