Xoves 28 Marzo 2024

A roda da fortuna

Créditos da imaxe: ESA, NASA
Créditos da imaxe: ESA, NASA

Explicación: De casualidade, unha colisión entre dúas galaxias creou unha forma a escala cósmica recoñecible de xeito abraiante: “a galaxia Roda de Carro”.  A Roda de Carro é parte dun grupo de galaxias a uns 500 millóns de anos luz de distancia na constelación Sculptor. Poden verse á dereita dúas galaxias máis pequenas. O bordo da galaxia Roda de Carro é unha estrutura inmensa con forma de anel con 150 000 anos luz de diámetro composto por estrelas formadas recentemente, extremadamente brillantes e masiva. Cando as galaxias colisionan pasan unha ao través doutra, as súas estrelas individuais raramente entran en contacto. Porén, os campos gravitacionais das galaxias se ven moi distorsionados pola colisión. De feito, a forma de anel é o resultado da rachadura gravitacional provocada por unha pequena galaxia intrusa que pasa atravesa unha máis grande, comprimindo o gas e o po interestelares e creando unha onda de formación estelar que se despraza desde o punto de impacto coma unha onda pola superficie dunha poza. Neste caso pode ser que a galaxia grande tivera unha forma espiral, non diferente da nosa propia Vía Láctea, transformada nes forma de roda pola colisión. Pero… que lle pasou á pequena galaxia intrusa?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

As novas fotografías do James Webb amosan unha galaxia anana con maior precisión

O telescopio espacial da Nasa consegue capturar con detalle unha galaxia enana solitaria, a Wolf Lundmark Melotte

O telescopio James Webb revela unha nova imaxe de Xúpiter

O observatorio máis potente da historia inclúe no seu informe de posta en marcha unha serie de fotografías do planeta

Descuberta a galaxia máis grande xamais detectada

Alcyoneus é unha radiogalaxia situada a 3.000 millóns de anos luz de distancia e mide 16,3 millóns de anos luz de largo