Rochas estratificadas preto do monte Sharp en Marte

Rochas estratificadas preto do monte Sharp en Marte

Rochas estratificadas preto do monte Sharp en Marte
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS.

Explicación: que provocou que estas rochas marcianas estean estratificadas? A hipótese principal é que un antigo lago marciano estivo a evaporarse e reenchéndose durante 10 millóns de anos; pero agora ficou enxoito e baleiro de auga durante milleiros de millóns de anos. A imaxe publicada, tirada o pasado novembro polo todoterreo automático Curiosity, amosa Whale Rock, cun metro de ancho, que é parte dos afloramentos dos outeiros Pahrump na base do monte Sharp. Tamén é evidente na imaxe a estratificación cruzada, rocha con capas en ángulo, que probablemente foron producidas por ondas de area. O Curiosity continúa a atopar moitas rochas estratificadas coma esta mentres segue a rodar ao redor e cara enriba do monte Sharp, de 5,5 km de alto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.