Rochas estrañas preto dos outeiros Pahrump de Marte

Marte Curiosity
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Explicación: como se formaron estas rochas marcianas? Mentres o todoterreo automático Curiosity chegaba aos outeiros Pahrump de Marte, ollou unha paisaxe interesante e cun relevo punteado con algunhas pedras estrañas. A imaxe presente amosa un croio curiosamente redondo cuns dous centímetros de diámetro. Aparentemente, unha versión máis grande das numerosas esférulas alcumadas arandos que atopou o todoterreo Opportunity en Marte en 2004; o que provocou esta redondez fica descoñecido. As posibilidades inclúen frecuentes rolos por fluxos de auga, pedras fundidas esparexidas nunha erupción volcánica ou un mecanismo de concreción. A imaxe inserida, tirada uns poucos días máis tarde, amosa outra estrutura rochosa pequena pero de forma estraña. Mentres o Curiosity roda ao redor e cara arriba do Monte Sharp, fotografaranse e estudaranse mellor as diferentes capas da paisaxe para comprender a historia antiga da rexión e investigar se Marte puido algunha vez ter albergado vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.