Rexión de formación estelar e cúmulo Westerlund 2

Westerlund 2
Créditos da imaxe e copyright: NASA, ESA e Hubble Heritage Team (STScI / AURA), A. Nota (ESA/STScI) mailo equipo científico Westerlund 2.

Explicación: a 20.000 anos luz de distancia na constelación Carina, o cúmulo novo e a rexión de formación estelar Westerlund 2 enchen a escena cósmica. Esta imaxe espectacular, captada polas cámaras do Hubble en luz visible e do infravermello achegado, é unha celebración do 25 aniversario do lanzamento do Telescopio Espacial Hubble o 24 de abril de 1990. A densa concentración do cúmulo de estrelas masivas e luminosas ten uns 10 anos luz diámetro. Os potentes ventos e a radiación procedente das estrelas novas e masivas esculpiron e formaron o gas e po da rexión no interior dos piares de formación estelar que apuntan ao centro do cúmulo. Os puntos vermellos que arrodean ás estrelas brillantes son estrelas febles recén nadas do cúmulo, aínda no interior dos seus casulos natais de po e gas. Pero as estrelas azuis máis brillantes que se esparexen ao redor probablemente non pertencen ao cúmulo Westerlund 2 e atoparíanse no primeiro plano do campo de visión do Hubble.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.