Venres 19 Abril 2024

Reflexos dos 1970s

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Univ. Arizona
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Univ. Arizona

Explicaciónos 1970s son ignorados ás veces polos astrónomos, como este fermoso grupo de nebulosas de reflexión de Orión (NGC 1977, NGC 1975 e NGC 1973), normalmente desdeñados en favor do brillo máis intenso da gardería estelar achegada que se coñece preferentemente coma a Nebulosa de Orión. Estas nebulosas de reflexión, que se atopan ao longo da espada de Orión xusto ao norte do brillante complexo da Nebulosa de Orión, tamén están asociadas coa xigante nube molecular de Orión a uns 1.500 anos luz de distancia, pero están dominadas pola característica cor azul do po interestelar que reflicte a luz procedente de estrelas novas e quentes. Nesta definida imaxe en cor aparece unha parte da Nebulosa de Orión ao longo do bordo inferior co cúmulo de nebulosas de reflexión no centro do cadro. NGC 1977 estrícase por todo o eido xusto por baixo do centro, afastada de NGC 1973 (arriba á dereita) e NGC 1975 (arriba á esquerda) por rexións escuras amalloadas pola tenue emisión vermella dos átomos de hidróxeno. Consideradas xuntas, as rexións escuras suxírenlle a moitos a forma dun home correndo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón