Venres 19 Abril 2024

Raios gamma e po cometario

Créditos da imaxe e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias)

Explicación: os raios gamma mailo po do cometa periódico Swift-Tuttle abríronse paso ao través da atmosfera do planeta Terra na noite do 11 ao 12 de agosto. Impactando a uns 60 quilómetros por segundo, os grans de po cometario produciron esta chuvia de meteoros das perseidas moi activa. Esta imaxe composta con gran angular do meteoros da chuvia aliñados cobre un periodo de 4,5 horas desa noite das perseidas. Aí as marcas do meteoro relocente poden seguirse cara atrás deica a orixe da chuvia no ceo. Ao longo da Vía Láctea na constelación Perseus, o radiante marca a dirección da órbita do cometa periódico. Os raios cósmicos que impactan na atmosfera da Terra, viaxando á velocidade da luz, impactan na atmosfera da Terra xerando tamén chuvias, pero de partículas de altas enerxías. Xusto mentres o rastro do meteoro apunta á súa orixe, os flashes máis aínda máis breves de luz das partículas poden empregarse para reconstruír a dirección da chuvia de partículas, para ir cara atrás ata a orixe no ceo do raio gamma. A diferenza dos meteoros, os flashes da incriblemente rápida partícula da chuvia non se pode seguir co ollo. Pero as dúas chuvias poden ser seguidas por cámaras de alta velocidade dos platos de espellos múltiples en primeiro plano. Por suposto, os platos ason os telescopios MAGIC (Major Atmospheric Gamma Imaging Cherenkov ou telescopio de raios gamma por emisión Cherenkov atmosférica), un observatorio terrestre de raios gamma nas illa canaria de La Palma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O tempo estable e a fase escura da Lúa permitirán ver as Xemínidas nunha ocasión única en Galicia

É un dos fenómenos astronómicos máis esperados do ano. O seu máximo esplendor terá lugar na madrugada do 14 ao 15 de decembro