Venres 19 Abril 2024

Raios anticrepusculares

Créditos da imaxe e copyright: Regina Kelly
Créditos da imaxe e copyright: Regina Kelly

Explicación: que está a acontecer sobre o horizonte? Aínda que a escena pode semellar dalgún xeito sobrenatural, nada estraño está a ocorrer máis que un solpor e algunhas nubes ben situadas. Arriba fotografáronse os raios anticrepusculares. Para entendelos, comeza por debuxar os comúns raios crepusculares que se ollan en calquera momento no que a luz solar se esparexe entre nubes espalladas. Agora, aínda que a luz do Sol viaxe ao longo de liñas rectas, as proxeccións desas liñas sobre o ceo esférico forman círculos máximos. Por tanto, os raios crepusculares procedentes dun sol poñéndose (ou amencendo) semellarán re-converxer na outra beira do ceo. No punto anti-solar a 180 graos ao redor do Sol, referímonos a eles coma raios anticrepusculares. Aquí publícase unha exhibición particularmente espectacular dos raios anticrepusculares que se fotografaron a comezos deste mes en Westminster (Colorado, EUA).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón