Venres 19 Abril 2024

Xemelgos con diferenzas

Créditos da imaxe e licenza: ESA/Hubble e NASA/D. Milisavljevic (Purdue University)
Créditos da imaxe e licenza: ESA/Hubble e NASA/D. Milisavljevic (Purdue University)

Explicación: a fermosa e gran galaxia espiral NGC 7331 é ofrecida a miúdo coma unha análoga da nosa propia Vía Láctea. A uns 50 millóns de anos luz de distancia na constelación meridional Pegasus, NGC 7331 foi axiña recoñecida coma unha galaxia espiral e realmente é unha das galaxias máis brillantes que non se incluíron no famoso catálogo de Charles Messier do século XVIII. Como o disco da galaxia esta inclinado cara a nosa liña de visión, as exposicións telescópicas longas resultan moitas veces nunha imaxe que evoca un forte sentido de fondura. Neste primeiro plano do Telescopio Espacial Hubble os magníficos grazos espirais da galaxia amosan corredores escuros de po, brillantes cúmulos axulados de estrelas mozas e masivas e o desvelador brillo avermellado de rexións de formación estelar activas. As rexións centrais brillantes e amareladas aloxan poboacións de estrelas máis vellas e frías. Como a Vía Láctea, no centro da galaxia espiral NGC 7331 hai un burato negro supermasivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150