Venres 29 Marzo 2024

Primeiro plano de NGC 1055

Créditos da imaxe e copyright: procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari Datos – European Southern Observatory, Subaru Telescope (NAOJ), et al.
Créditos da imaxe e copyright: procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari
Datos – European Southern Observatory, Subaru Telescope (NAOJ), et al.

Explicación: a gran e fermosa galaxia espiral NGC 1055 é o membro dominante dun pequeno grupo galáctico a só 60 millóns de anos luz de distancia cara a constelación Cetus, que intimida acuaticamente. Vista de canto, o universo illa abarca uns 100 000 anos luz, un pouco máis grande cá nosa propia Vía Láctea. As estrelas coloridas neste primeiro plano cósmico de NGC 1055 están por diante, ben dentro da Vía Láctea. Pero as rexións de formación estelar co seu desvelador rosa espállanse polo amplos corredores de po ao longo do fino disco da afastada galaxia. A fonda imaxe, cunhas migallas de galaxias no fondo aínda máis afastadas, tamén desvela un halo cadrado que se estende ben lonxe por riba e por baixo do bulbo central e o disco de NGC 1055. O propio halo está amalloado con estruturas febles e estreitas, puidendo representar os refugallos estricados e mesturados procedentes dunha galaxia satélite perturbada polagran espiral hai uns 10 mil millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente