Créditos do vídeo e copyright: Charles e Ray Eames (Eames Office)
Explicación: como de diferente é o Universo nas escalas pequena, media e grande? A película curta máis famosa da ciencia da súa xeración fai comparacións impresionantes. Esa curta, Potencias de dez, creada orixinalmente nos anos 60, foi oficialmente publicada en YouTube e incrustada enriba. Desde unha manta de picnic preto de Chicago ata pasar o cúmulo de galaxias de Virgo, cada dez segundos a película mostra un zoom para amosar un cadro de visión dez veces máis grande por cada lado. O vídeo entón invírtese, facéndose máis pequeno nun factor dez cada dous segundos e remata no interior dun único protón. A secuenciaPotencias de dez está en realidade baseada no libro Cosmic View de Kees Boeke, de 1957, e é semellante pero máis avanzada á animación Cosmic Zoom, que tamén se creou a finais da pasada década dos anos 60. A perspectiva cambiante é tamén tan fascinante e educativa que se recreou empregando técnicas informáticas máis modernas, como nos primeiros minutos da película Contacte na curta de vídeo dixital chamada The Known Universe creada en 2010 polo Museo Americano de Historia Natural. Os creadores da película, Ray e o seu marido Charles Eames, foron coñecidos coma espíritos moi visionarios e incluso inventaron a súa propia e popular cadeira.