Martes 23 Abril 2024

Plutón setetrional

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute
Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute

Explicación: contempla os canóns conxelados ao norte de Plutón nesta escena con cores salientadas e contrastadas, tomada o pasado mes de xullo pola nave espacial New Horizons. A rexión, coñecida actualmente como Lowell Regio, denominouse informalmente así por Percival Lowell, fundador do Observatorio Lowell. Famoso tamén pola súa especulación de que había canles en Marte, en 1906 Lowell comezou a procura que ao final levaría ao descubrimento de Plutón. O propio polo Norte de Plutón está arriba e á esquerda do centro do recadro. O solo azul claro do amplo canón da esquerta ten uns 70 quilómetros de ancho, percorrendo verticalmente cara o sur. As elevacións máis altas toman unha cor amarelada. As medidas da New Horizons determinaron que ademais do xeo de nitróxeno, por toda a setentrional Lowell Regio abunda o xeo de metano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón