Xoves 18 Abril 2024

As Pléiades coruscan no po

Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN, Earth & Stars), Miquel Serra-Ricart e Daniel Padrón, FECYT
Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado (TWAN, Earth & Stars), Miquel Serra-Ricart e Daniel Padrón, FECYT

Explicación: o ben coñecido cúmulo estelar das Pléiades está a destruír paseniñamente parte dunha nube de gas e po que atravesan. As Pléiades é o cúmulo aberto de estrelas máis brillante do ceo da Terra e pode verse desde case calquera lugar setentrional a simple vista. Pénsase que a nube de po xove que atravesan forma parte do Cinto de Gould, un estraño anel de formación de estrelas novas que arrodea ao Sol na galaxia da Vía Láctea local. Durante os últimos 100 000 anos, parte do Cinto de Gould esta a moverse casualmente ao través das máis vellas Pléiades e provocando unha forte reacción entre estrelas e po. A presión da luz das estrelas repele considerablemente o po da nebulosa de reflexión azul que a rodea, con partículas máis pequenas de po que están a ser rexeitadas máis intensamente. Un resultado a curto prazo é que partes da nube de po se fixeron filamentarias e estratificadas. A fonda imaxe publicada tamén captou ao cometa C/2015 ER61(PanSTARRS) na parte inferior esquerda.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón