Créditos da imaxe: Cassini Radar Mapper, JPL, USGS, ESA, NASA.Explicación: como sería sobrevoar Titán? As imaxes de radar procedentes da
sonda automática Cassini da
NASA en órbita ao redor de
Saturno foron
compiladas dixitalmente para simular como sería un voo. A Cassini precipitouse varias veces no pasado na
lúa máis anubrada de Saturno desde que chegou ao planeta anelado en 2004. O voo virtual
que se exhibe aquí amosa numerosos lagos en cor negra e terreo montañoso en cor dourada. As rexións da
superficie das que se carece información vertical polo miúdo aparecen máis chairas, mentres que as rexións suficientemente cartografadas teñen a súa altitude estirada dixitalmente. Entre as baías visualizadas está o
Kraken Mare, o meirande lago de Titán que ten uns 1.000 quilómetros de longo. Os
lagos de Titán son diferentes aos lagos da Terra en que están compostos de
hidrocarburos con semellanzas ao
gas natural líquido. Como se formaron os
lagos de Titán e por que sobreviviron segue a ser un tema de investigación.