Philae tenta a aterraxe no núcleo do cometa

Aterraxe de Philae (fee-LAY) no Cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko
Créditos da imaxe: ESA.

Explicación: hoxe a humanidade realizará o seu primeiro intento de aterrar unha sonda no núcleo dun cometa. Mentres o día progresa, o aterrador Philae (fee-LAY) afastarase desde a nave espacial Rosetta e dirixirase á superficie do Cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko. Como a textura da superficie do cometa se descoñece e seguramente a súa gravidade superficial é baixa, entón Philae tentará arpoalo, algo que nunca se fixo ata o de agora. Vemos aquí unha ilustración artística do Philae, do tamaño dunha lavalouzas, tal e como se vería sobre a superficie do Cometa Churyumov–Gerasimenko, xunto con globos que explican polo miúdo os instrumentos científicos que leva. Moita xente dun planeta azul do Sistema Solar estará a agardar con degoiro novas e actualizacións. Se a Philae ao aterra nunha zona regular, se o arpoado se mantén e como de fondo o aterrador robótico penetra na superficie, todo isto se coñecerá mentres os eventos de hoxe se desenvolven.

Actualizacións do aterrador do cometadesde a ESA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.