Xoves 25 Abril 2024

Pensa en verde: a aurora sobre Noruega

Créditos da imaxe e copyright: Max Rive
Créditos da imaxe e copyright: Max Rive

Explicación: ergue os brazos se ves unha aurora. Con esas instrucións, pasaron ben dúas noites, sobre todo con nubes. Aínda que na terceira noite, ao voltar aos mesmos cumios, o ceo non só se aclarou, tamén se alumeou cunha espectacular exhibición auroral. Os brazos saíron ao alto; xa compensaran a paciencia e a experiencia. E a creativa imaxe publicada foi captada coma unha composición de tres instantáneas separadas. O escenario é un cumio do fiordo Austnesfjorden preto da cidade de Svolvear nas illas Lofoten na Noruega setentrional. A data foi a comezos de 2014. Aínda que o noso Sol está preto dun mínimo solar e por tanto amosando unha actividade superficial relativamente pequena, os buratos da coroa superior forneceron algunhas fermosas mostras aurorais durante os últimos meses.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC