Martes 16 Abril 2024

A pataca gravitatoria de Potsdam

A pataca gravitatoria de Postdam
Créditos da imaxe: CHAMP, GRACE, GFZ, NASA, DLR.

Explicación: por que algúns lugares da Terra teñen unha gravidade maior ca outros? Ás veces a razón se descoñece. Para axudar a comprender mellor a superficie da Terra, as sensibles medidas dos satélites en órbita GRACE e CHAMP empregáronse para crear o mapa do campo gravitatorio da Terra. Como un centro de estudo destes datos está en Potsdam, Alemaña, e como o resultado fai que a Terra se pareza a algo semellante a unha pataca, o xeoide resultante refírese coma a Pataca Gravitatoria de Postdam. As áreas elevadas deste mapa, coloreadas de vermello, indican zonas nas que a gravidade é lixeiramente máis forte do normal, mentres que nas zonas azuis a gravidade é lixeiramente máis feble. Moitos vultos e vales na Pataca de Gravidade de Potsdam poden atribuírse a accidentes xeográficos, coma a dorsal mesoatlántica e os montes do Himalaia, pero outras non, e por tanto podería relacionarse con densidades baixo a superficie estrañamente altas ou baixas. Os mapas coma este tamén axudan a calibrar os cambios da superficie da Terra, incluíndo as variación das correntes oceánicas e a fusión dos glaciares. O mapa superior fíxose en 2005, pero producíronse mapas de gravidade máis sensibles e recentes da Terra en 2011.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta

O eixo da Terra inclínase case 80 centímetros pola extracción de auga subterránea

A redistribución humana da auga existente baixo a superficie terrestre provoca que o planeta se desvíe máis do normal

Estes foron os primeiros animais da Terra

As medusas crearon a primeira liñaxe, séguenlle as esponxas e posteriormente, a diversificación de todos os animais