Panorámica do lugar de aterraxe do Apollo 11

Panorámica do lugar de aterraxe do Apollo 11 na Lúa
Créditos: Neil Armstrong, Apollo 11, NASA – Panorámica de Syd Buxton 

Explicación: tes visto recentemente unha panorámica doutro mundo? Ensamblada a partires de escaneados de alta resolución dos fotogramas das películas orixinais, esta panorámica abarca a magnificente desolación do lugar de aterraxe do Apollo 11 no Mar da Tranquilidade lunar. Tiradas por Neil Armstrong ollando fóra pola súa xanela do Módulo Lunar Eagle, o fotograma do extremo esquerdo (AS11-37-5449) é a primeira imaxe realizada por unha persoa noutro mundo. Cara o sur, poden verse as bocas dos foguetes no primeiro plano á esquerda, mentres que á dereita pode verse a sombra do Eagle cara o oeste. Para ter unha idea da escala, o cráter grande e pouco profundo da dereita ten un diámetro duns 12 metros. As imaxes desde as xanelas do Módulo Lunar realizáronse entre media hora e unha hora trala aterraxe, antes de camiñar sobre a superficie lunar, coa intención de documentar previamente o lugar da aterraxe en caso de que fose necesaria unha saída prematura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.