Xoves 25 Abril 2024

Paleta de cores en dúas nebulosas

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh e Rick Stevenson
Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh e Rick Stevenson

Explicación: axexando nas nubes de gas brillante da rexión xigante de formación estelar NGC 6188 hai formas de fantasía. A nebulosa de emisión atópase a uns 4.000 anos luz de distancia cara o bordo da gran nube molecular que non se ve en lonxitudes de onda do visible, na constelación meridional Ara. As estrelas mozas e masivas da asociación OB1 incrustada en Ara formáronse nesa rexión hai tan só uns poucos millóns de ano,esculpindo as formas escuras e potenciando o brillo nebular con ventos estelares e intensa radiación ultravioleta. A propia e recente formación estelar desencadeouse probablemente polos ventos e as explosións de supernova, a partires de xeracións previas de estrelas masivas, que varreron e comprimiron o gas molecular. Cara o extremo dereito pode ollarse, unido a NGC 6188 neste lenzo cósmico, a estraña nebulosa de emisión NGC 6164, tamén creada por unha das estrelas masivas de tipo O da zona. Moi parecida en aparencia a moitas nebulosas planetarias, a envoltura gasosa e simétrica de NGC 6164 e o tenue halo arrodean á súa brillantes estrela central preto do límite inferior. O impesionantemente amplo campo de vista abarca uns 3 graos (seis lúas cheas), que se corresponden a uns 200 anos luz á distancia estimada de NGC 6188. A colección de tres imaxes se incluíron na composición publicada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón