Explicación: as estrelas contra o po na nebulosa Carina Nebula; e as estrelas van gañando. Máis precisamente, a potente luz e os ventos procedentes das estrelas masivas recén formadas están a evaporar e dispersar as garderías estelares de po nas que se formaron. A aparencia deste piar, localizado na nebulosa Carina e coñecido informalmente coma a Montaña Mística, está dominado polo po escuro que se pensa está composto na súa maior parte de gas hidróxeno transparente. Os piares de po coma estes son realmente moito máis finos có aire e seméllanse a montañas polas cantidades relativamente pequenas de po interestelar opaco. A uns 7.500 anos luz de distancia, a imaxe publicada tirouse co Telescopio Espacial Hubble —reprocesada dixitalmente por un afeccionado dilixente— e salienta unha rexión interior de Carina que abarca uns tres anos luz. Nuns poucos millóns de anos, as estrelas probablemente gañarán completamente e a montaña completa de po será destruída.