Xoves 25 Abril 2024

Os cantís do cometa Churyumov-Gerasimenko

Os cantís do cometa Churyumov-Gerasimenko
Créditos da imaxe e licenza (CC BY-SA 3.0 IGO): ESA, Rosetta spacecraft, NAVCAM.Procesado adicional: Stuart Atkinson.

Explicación: estes altos cantís ocorren na superficie dun cometa. Descubriuse que forman parte do núcleo escuro do cometa Churyumov–Gerasimenko (CG) pola Rosetta, unha nave espacial automática lanzada pola ESA que comezou a orbitar o cometa a primeiros de agosto. Os irregulares cantís, tal e como se amosa aquí, foron fotografados pola Rosetta hai unhas dúas semanas. Aínda que sobrepasan un quilómetro de altura, a baixa gravidade superficial do cometa CG probablemente permitiría a un ser humano sobrevivir nun chouto desde o máis alto dos cantís. Ao pé dos cantís hai un terreo relativamente suave punteado con penedos duns 20 metros de diámetro. Os datos da Rosetta indican que o xeo do cometa CG ten unha fracción de deuterio significativamente diferente, e por tanto probablemente unha orixe diferente, do da auga dos océanos da Terra. Está programado que a nave espacial Rosetta continúe a acompañar ao cometa mentres realiza a súa aproximación máis achegada ao Sol en agosto de 2015.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente