Venres 19 Abril 2024

Orión sobre o cumio do Teide

Créditos da imaxe e copyright: César e Carlos Tejedor
Créditos da imaxe e copyright: César e Carlos Tejedor

Explicación: a parte meridional de Orión, a famosa constelación e o mítico cazador, aparece posando de xeito bastante pintoresco aquí sobre un volcán famoso. Diante da coste noroeste de África, nas illas Canarias, o cumio nevado do Teide é un dos volcáns máis grandes da Terra. As luces dun grupo que planea chegar co cume do Teide antes do mencer poden verse por baixo da cima do volcán. Nesta composición de exposicións tomadas desde o mesmo sitio unha noite do mes pasado, poden ollarse xusto por riba do cumio as tres estrelas do icónico cinto de Orión, mentres a famosa nebulosa de Orión e o resto da espada de Orión poden ollarse máis alá da ladeira esquerda do volcán. Tamén pode ollarse na imaxe de longa duración do ceo a nebulosa Cabeza de Cabalo, vista coma unha fenda escura na nebulosa de emisión vermella á esquerda do cinto, e a nebulosa da Chama, evidente xusto por riba e á dereita da Cabeza de Cabalo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón