Orión en gas, po e estrelas

Orión
Copyright da imaxe: Roberto Colombari, Robert Gendler e Federico Pelliccia; Datos:DSS PLOSS II.

Explicación: a constelación de Orión ten moito máis ca tres estrelas en fileira. Unha fonda exposición amósao todo, desde a nebulosa escura ata os cúmulos estelares, todas incrustadas nunha estensa mancha de volutas gasosas no máis grande Complexo de Nubes Moleculares de Orión. As tres estrelas máis brillantes do extremo esquerdo son de certo as famosas tres estrelas que forman o cinto de Orión. Xusto por baixo de Alnitak, a máis baixa das tres estrelas do cinto, está a Nebulosa da Chama, brillante polo gas hidróxeno excitado e inmersa en filamentos de escuro po marrón. Debaixo e á esquerda do centro do cadro e xusto á dereita de Alnitak sitúase a Nebulsoa Cabeza de Cabalo, unha fenda escura de po denso que quizais ten as formas nebulares máis recoñecidas do ceo. Na parte superior dereita atópase M42, a Nebulosa de Orión, un caldeiro enerxético de gas tumultuoso, que se pode ollar a simple vista, que está a dar lugar ao nacemento dun novo cúmulo aberto de estrelas. Inmediatamente á esquerda de M42 está unha destacada nebulosa de reflexión azulada que ás veces recibe o nome do Home Corredore que alberga a moitas estrelas azuis brillantes. A imaxe amosada cobre unha área con obxectos que están máis ou menos a 1.500 anos luz de distancia e abarca uns 75 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.