
Explicación: nesta imaxe mellorada de raios X do observatorio Chandra perfílase unha enorme provisión de gas quente e brillante en forma de remuíños e chapuzadas cósmicas de ondas xigantes. O recadro abarca máis ou menos 1 millón de anos luz de diámetro no centro do achegado cúmulo galáctico Perseus, a uns 240 millóns de anos luz de distancia. Coma outros cúmulos de galaxias, a maior parte da masa observable do cúmulo Perseo está na forma de gas de recheo. Este gas, con temperaturas de deceas de millóns de graos, brilla intensamente en raios X. As simulacións informáticas poden reproducir detalles das estruturas chapuzándose ao través do gas quente en raios X do cúmulo, incluíndo a baía cóncava que se ve abaixo e á esquerda do centro. Cuns 200.000 anos luz de diámetro, dúas veces o tamaño da Vía Láctea, a formación da baía indica que o propio Perseo probablemente rozou cun cúmulo galáctico máis pequeno hai milleiros de millóns de anos.