Venres 19 Abril 2024

O Tulipán e o Cisne

Créditos da imaxe e copyright: Ivan Eder
Créditos da imaxe e copyright: Ivan Eder.

Explicación: esta imaxe telescópica, que enmarca unha rexión brillante de emisión, mira cara a fóra do plano da nosa galaxia Vía Láctea cara á constelación Cygnus o Cisne, rica en nebulosas. Chamada popularmente nebulosa Tulipán, a nube de brillo avermellado, formada por gas e po interestelares, tamén se atopa no catálogo de 1959 do astrónomo Stewart Sharpless como Sh2-101. A uns 8.000 anos luz de distancia e con 70 anos luz de tamaño, no centro desta imaxe composta aflora unha fermosa e complexa nebulosa. A radiación ultravioleta que procede das estrelas novas e potentes do bordo da asociación Cygnus OB3, incluíndo a estrela O HDE 227018, ioniza os átomos e impulsa a emisión da nebulosa Tulipán. HDE 227018 é a estrela brillante situada preto do centro da nebulosa. Tamén está encadrado no campo de visión o micro-cuásar Cygnus X-1, unha das fontes máis potentes de raios X no ceo do planeta Terra. A súa fronte de onda de choque, tenue e curvada, dirixida por potentes chorros que proceden dun disco de acreción dun burato negro, atópase arriba e á dereita, xusto máis alá dos pétalos do Tulipán cósmico.

APOD en vivo: charliña sobre as fotos do ano 2016 na Coruña, Vigo e Pontevedra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón