Explicación: con todos os respectos para o Hubble; aquí chega o Telescopio Espacial James Webb (JWST). O JWST promete ser o novo telescopio máis potente do espazo. No mes pasado, o espello primario bañado en ouro de 18 segmentos do JWST foidesvelado. No vídeo secuencia que se publica, tirado a semana pasada, o espello de 6,5 metros de diámetro foi erguido a unha posición vertical. A emocionante secuencia de 30 segundos amosa aos enxeñeiros da NASA supervisando a proba mentres as luces da sala se reflicten con forza na superficie do espello, altamente reflectiva. Os espellos deberilio foron recubertos cunha lámia fina de ouro para facela máis reflectiva á luz infravermella. Os obxectivos científicos do JWST inclúen o estudo do funcionamento do universo temperá e as propiedades dos planetas que orbitan as estrelas achegadas. Debido ao grande tamaño do espello, será pregado para o lanzamento e despois, asumindo que todo vaia como está planificado, despregarase de novo, nunha emocionante manobra, no espazo. O JWST, unha misión conxunta das axencias espaciais dos EUA, Europa e Canadá, está programado actualmente para ser lanzado a finais de 2018.