O río escuro de Antares

O río escuro de Antares

O río escuro de Antares
Créditos e copyright: Jason Jennings.

Explicación: conectando a nebulosa da Pipa coa rexión chea de cor preto da brillante estrela Antares hai unha nube escura alcumada o río Escuro, que flúe desde o bordo esquerdo da imaxe. De aspecto túrbido, a aparencia do río Escuro está provocada polo po que escurece a luz das estrelas do fondo, aínda que a nebulosa escura contén sobre todo hidróxeno e gas molecular. Arrodeada por po, Antares, unha estrela vermella superxigante, crea unha estraña e brillante nebulosa de reflexión amarelenta. Por riba dela, a estrela dobre azul brillante Rho Ophiuchi está incrustada nunha nebulosa de reflexión azulada máis típica, mentres as nebulosas de emisión vermella tamén están a difundirse ao redor da rexión. O cúmulo globular de estrelas M4 está xusto á vista por riba e á dereita de Antares, aínda que se atopa moito máis afastado por tras das nubes coloridas, a unha distancia duns 7.000 anos luz. O propio río Escuro está a uns 500 anos luz de distancia. A paisaxe chea de cor é un mosaico de imaxes telescópicas que abarca case 10 graos (20 lúas cheas) no ceo na constelación do Escorpión (Scorpius).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.