Xoves 25 Abril 2024

O po da nebulosa de Orión

Créditos da imaxe e copyright: Raúl Villaverde Fraile
Créditos da imaxe e copyright: Raúl Villaverde Fraile

Explicación: que arrodea a unha sementeira de formación estelar? No caso da nebulosa de Orión; po. O campo completo de Orión, situado a uns 1.600 anos luz de distancia, está inundado de filamentos enguedellados e pintorescos. Opaco para a luz visible, o po é creado na atmosfera máis exterior de estrelas frías masivas e expulsado por un potente vento estelar de partículas. O Trapezo e outros cúmulos de formación estelar están incrustados na nebulosa. Os intricados filamentos de po que arrodean a M42 e M43 aparecen marróns na imaxe superior, mentres o gas brillante do centro está salientado en vermello. Durante os vindeiros millóns de anos gran parte do po de Orión será destruído paseniñamente polas numerosas estrelas que se están a formar agora, ou esparexido no interior da galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón