
Explicación: o planeta anano Ceres é o obxecto máis grande do cinto principal de asteroides do Sistema Solar, cun diámetro duns 950 quilómetros. Ceres óllase aquí en cores verdadeiras aproximadamente, baseado nos datos procedentes da sonda espacial Dawn gravados o 4 de maio de 2015. Nesa data, a órbita da Dawn ficaba 13.642 quilómetros por riba da superficie do pequeno mundo. Dúas das famosas e misteriosasmanchas brillantes de Ceres no cráter Oxo e no cráter Haulani están preto do centro é a dereita do centro nesta imaxe. Proxectando unha sombra desveladora na parte inferior está a montaña solitaria de Ceres, con forma de cono, Ahuna Mons. A sonda espacial de propulsión iónica Dawn, na actualidade a uns 385 quilómetros por riba da superficie de Ceres, está agora a enviar imaxes desde a súa órbita de cartografado máis achegada.