Sábado 20 Abril 2024

O Parque de Monfragüe, foto do día da NASA

Créditos da imaxe e copyright: José Luis Quiñones
Créditos da imaxe e copyright: José Luis Quiñones

Explicación: ti tamén podes ollar ceos nocturnos coma este. Iso débese a que o Parque Nacional Monfragüe en España,onde se creou esta imaxe composta, obtivo recentemente protección oficialmente do seu ceo nocturno dunha potencial e futura contaminación luminosa. As iconas do ceo nocturno que deberían salientar durante o inverno setentrional (e visibles na imaxe publicada) inclúen moitas estrelas brillantes coma Sirius, Betelgeuse e Procyon, cúmulos estelares brillantes coma as Pléiades e, fotograficamente, nebulosas febles coma a California maila Roseta. Hai 100 anos moita xente estaba máis familiarizada cun ceo nocturno máis escuro cá xente de hoxe, sobre todo pola contaminación luminosa moderna. Outros parques que xa foron protexidos de xeito semellante coma reservas de ceos escuros inclúen ao Parque Nacional do Val da Morte (EUA) e o Parque Nacional Grasslands National Park (Canadá). Zonas coma a cidade de Flagstaff, Arizona e gran parte da Illa Maior de Hawaii tamén teñen os seus ceos nocturnos protexidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón