Xoves 28 Marzo 2024

O misterioso metano de Marte

O misterioso metano de Marte
Créditos da ilustración: Methane Workshop, Frascati Italy, Villanueva et al. 2009, NASA.

Explicación: que está a crear metano en Marte? As medidas recentes procedentes do todoterreo automático Curiosity, que actualmente está a rodar por Marte, indican un aumento abraiante de dez veces no metano atmosférico comparando coas medidas feitas hai só uns meses. A vida é a maior produtora de metano na Terra, polo que as especulacións se descontrolaron ao respecto de que algunha clase de vida, posiblemente microbiana, está a crear o metano por baixo da superficie de Marte. Aínda que hai outras posibilidades, cun modelo destacado sobre que a súpeta liberación de metano produciuna unha mistura de químicos específicos do solo con auga subterránea. As orixes propostas do metano marciano represéntanse na ilustración publicada. A orixe do metano de Marte seguirá a ser seguramente un tema de investigación activo, con misións como a Curiosity e a Mars Orbiter Mission da India, procurando pistas dos cambios na abundancia das medidas de metano e posibles derivados de diferentes procesos produtores de metano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

A paisaxe xoga un papel clave nas emisións de metano de ríos e arroios

Un artigo publicado en 'Nature' conclúe que a cantidade de gas que sae dos cursos de auga depende moito das características da contorna

Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta