Venres 29 Marzo 2024

O mapa de Dione

Satélite Dione de Saturno
Créditos da imaxe: mapa – Paul Schenk (LPI), datos a imaxe – Cassini, ISS, JPL, ESANASA.

Explicación: o mapa global en proxección cilíndrica é un dos seis novos mapas en cor das lúas xeadas de tamaño medio de Saturno, elaborados a partires de datos de imaxes de 10 anos procedentes da sonda espacial Cassini. Descuberta por Cassini (o astrónomo) en 1684, Dione ten uns 1.120 quilómetros de diámetro. A resolución completa deste último mapa da era espacial, baseado en datos que van desde o infravermello ao ultravioleta, ten 250 metros por píxel. A destacada diferenza no brillo entre o hemisferio dianteiro e máis claro (dereita) da lúa, en rotación síncrona, e o hemisferio traseiro máis escuro é ben salientable. Coma outras lúas de Saturno que orbitan por dentro do anel E, o hemisferio frontal de Dione mantense brillante xa que apaña unha capa de material xeado do tenue anel. O material do anel E é reposto polos géiseres do polo sur da lúa Enceladus. As fracturas da superficie máis nova e máis clara, tamén aparecen ao través do hemisferio traseiro, escuro e con cráteres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente