O máis alto, no máis alto e o máis preto das estrelas

Créditos das imaxes e copyright: Jeff Dai, O Chul Kwon, Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN
Créditos das imaxes e copyright: Jeff Dai, O Chul Kwon, Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN
Créditos das imaxes e copyright: Jeff Dai, O Chul Kwon, Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN
Créditos das imaxes e copyright: Jeff Dai, O Chul Kwon, Stéphane Guisard (Los Cielos de America), TWAN

Explicación: os fans do planeta Terra probablemente recoñezan a súa montaña máis alta, o Monte Everest no Himalaia, á esquerda desta paisaxe celeste de 3 paneis de The World at Night (O Mundo de Noite). O cumio do Everest, envolto en nubes, está a 8.848 metros de altura sobre o nivel do mar. No panel do medio, os ronseis estelares sobre o volcánico Mauna Kea forman parte da illa de Hawaii. O seu cumio, festonado con observatorios astronómicos, atópase a só 4.168 metros sobre o nivel do mar. Pero, medido dende a súa base que comeza por baixo da superficie do océano, o Mauna Kea ten uns 10.000 metros de altura, sendo a montaña máis alta da Terra desde a base ao cúspide. Á dereita, por baixo do arco da Vía Láctea está a montaña andina do Chimborazo no Ecuador. A elevación do cumio do volcán do Chimborazo, a montaña ecuatorial máis alta, é de 6.268 metros sobre o nivel do mar. Pero o planeta Terra en rotación ten a forma dunha esfera achantada (esferoide oblongo), co seu diámetro ecuatorial máis grande có seu diámetro medido de polo a polo. Descansando preto da parte superior do vulto ecuatorial máis grande da Terra, o cumio do Chimborazo é o punto máis afastado da superficie do planeta desde o centro, uns 2.000 metros máis lonxe do centro da Terra cá cima do Everest. Iso fai do cumio do Chimborazo o lugar da superficie terrestre máis achegada ás estrelas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.