Expicación: mentres anda á deriva polo cosmos, unha magnífica nube de po interestelar vai sendo esculpida polos eventos estelares maila radiación ata chegar a unha forma recoñecible. Chamada axeitadamente a nebulosa Cabeza de Cabalo, está incrustada na enorme e complesa nebulosa de Orión (M42). Un obxecto difícil de ollar persoalmente cun telescopio pequeno aínda que potencialmente gratificante, a imaxe superior abraiantemente detallada foi tirada en 2013 en luz infravermella polo Telescopio Espacial Hubble orbital na honra do aniversario 23 do lanzamento do Hubble. A escura nube molecular, a uns 1.500 anos luz de distancia, está catalogada coma Barnard 33 e pode ollarse principalmente porque está retroalumeada pola achegada estrela masiva Sigma Orionis. A nebulosa Cabeza de Cabalo mudará paseniñamente a súa forma aparente durante os vindeiros millóns de anos e finalmente será destrída pola luz estelar de alta enerxía.