Venres 29 Marzo 2024

O hexágono de inverno sobre o Tíbet

WinterHexagon_Dai_1000_annotated

Explicación: se atopas Orión poderías ser quen de atopar o hexágono de inverno. Este inclúe algunhas das estrelas máis brillantes visibles, formando xuntas un deseño grande e doado de atopar no ceo invernal no hemisferio setentrional da Terra. As estrelas involucradas poden identificarse normalmente incluso nos ceos nocturnos brillantes dunha gran cidade, aínda que aquí aparecían recentemente nos ceos escuros por riba da reserva Manla do Tíbet (China). As seis estrelas que compoñen o hexágono de inverno son Aldebarán, Capella, Cástor (e Pólux), Procyon, Rigel e Sirius. Aquí, a franxa da nosa galaxia Vía Láctea transcorre polo centro do hexágono de inverno, mentres o cúmulo estelar aberto das Pléiades pode ollarse xusto por riba. O asterismo do hexágono de inverno abrangue varias constelacións incluíndo gran parte do icónico chanzo de Orión.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente