Sábado 20 Abril 2024

O guecho de Williamina Fleming

Créditos da imaxe e copyright: Sara Wager
Créditos da imaxe e copyright: Sara Wager

Explicación: estes filamentos ensarillados de gas brillante batido, de aparencia caótica, espállanse polo ceo do planeta Terra cara a constelación do Cisne coma parte da nebulosa do Veo. A propia nebulosa do Veo é un gran refugallo de supernova, unha nube en expansión nada da explosión mortal dunha estrela masiva. A luz do estoupido orixinal da supernova chegou á Terra probablemente hai uns 5 000 anos. As ondas de choque interestelares, expulsadas no cataclísmico evento, abríronse paso polo espazo varrendo e excitando material interestelar. Os filamentos brillantes son realmente máis parecidos a ondas longas nunha folla que vemos case de canto, moi ben separados polo seu brillo os átomos de hidróxeno ionizado que se amosan en cor vermella e os de osíxeno en azul. A nebulosa do Veo, coñecida tamén coma bucle do Cisne, abarca agora case 3 graos ou unhas 6 veces o diámetro da Lúa chea. Mentres que iso se traduce nuns 70 anos luz á súa distancia estimada de 1 500 anos luz, o campo desta imaxe abarca menos dun terzo esa distancia. O complexo de filamentos, a miúdo identificaco coma o Triángulo de Pickering por un director do observatorio de Harvard Collegecatalógase coma NGC 6979. Tamén se lle coñece pola súa descubridora, a astrónoma Williamina Fleming, coma o Guecho Triangular de Fleming.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón