Créditos da imaxe: Solar Dynamics Observatory, NASA. Explicación: un dos grupos de manchas solares máis grandes dos anos recentes está agora a cruzar o Sol. A etiquetada
Rexión Activa 2192 xa ceibou unha
potente labarada solar e ten o potencial de producir máis. O
vídeo publicado amosa unha secuencia do Sol en
luz visible e ultravioleta tomada onte e incorporada ás anteriores 48 horas. AR 2192, rotando desde a esquerda, rivaliza con
Xúpiter en tamaño e literalmente está a estralar en enerxía magnética. O
activo Sol provocou algunhas
auroras espectaculares en días recentes e as partículas enerxéticas orixinadas desde
AR 2192 poden axudar a que continúen a semana vindeira. Mañá, o Sol aparecerá estraño aínda máis por outra razón: unha
eclipse parcial de Sol será
visible antes do solpor desde gran parte de Norteamérica.