Venres 19 Abril 2024

O gran cráter Hokusai

O gran cráter Hokusai en Mercurio
Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ. APL, Arizona State Univ., CIW.

Explicación: nun dos cráteres novos máis grandes de Mercurio, os raios brillantes do cráter Hokusai, de 114 quilómetros de diámetro, son coñecidos porque se extenden a través de gran parte do planeta. Pero este mosaico oblicuo céntranse nun primeiro plano de Hokusai, os seus cumios centrais alumeados polo Sol, os muros do cráter con socalcos e o mar conxelado de lava do impacto sobre o chan do cráter. As fotografías foron capturadas pola sonda espacial MESSENGER. A primeira en orbitar Mercurio, desde 2011 a MESSENGER dirixiu exploracións científicas, incluíndo o fotografado amplo do planeta máis interno do Sistema Solar. Agora, co propelente esgotado e incapaz de enfrontar as perturbacións orbitais provocadas pola gravidade do Sol, prevese que a MESSENGER impacte na superficie de Mercurio o 30 de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente