Venres 29 Marzo 2024

O estraño rasgo que desaparece en Titán

Créditos da imaxe: Cassini Radar Mapper, Cornell, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Radar Mapper, Cornell, JPL, ESA, NASA

Explicación: que é ese obxecto que varía nun frío mar de hidrocarburos de Titán? As imaxes de radar procedentes da sonda espacial automática Cassini que orbita Saturno estiveron a rexistrar a superficie da lúa Titán, envolta en nubes, durante anos. Cando rexistrou a superficie plana, e por tanto escura no radar, do lago de metano e etano chamado Ligeia Mare, apareceu un obxecto en xullo de 2013 que non estaba aí en 2007. As seguintes observacións de agosto de 2014 atoparon que o obxecto ficaba; pero cambiara. Nunha imaxe publicada a semana pasada, o obxecto misterioro semella ter desaparecido en xaneiro de 2015. A imaxe publicada en falsa cor amosa como o objexto de 20 quilómetros de lonxitude apareceu, cambiou e marchou. As explicacións actuais sobre a súa orixe especulan con ondas, burbullas de escuma e sólidos flotantes, pero aínda nada é certo. As observacións futuras, en particular o sobrevoo próximo final da Cassini por Titán en abril de 2017, poida que chegue a resolver o enigma ou abrilo a máis especulacións.

Astrofísicos: navega polos máis de 1.200 códigos da Astrophysics Source Code Library

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente