O despegue de OSIRIS-REx

Créditos da imaxe: United Launch Alliance
Créditos da imaxe: United Launch Alliance
Créditos da imaxe: United Launch Alliance
Créditos da imaxe: United Launch Alliance

Explicación: preto do solpor do xoves 8 de setembro, os ceos despexados ollaron o despegue da nave espacial OSIRIS-REx. O seu vehículo Atlas V, que amosa só un foguete de combustible sólido, despega desde o Complexo 41 de cabo Canaveral nesta fotografía gran angular en contrapicado que apunta á plataforma de despegue mailo solpor. OSIRIS-REx está ligado a Bennu, tendo programado o encontro co asteroide (co tamaño dunha montaña) en 2018. Pero antes a nave espacial regresará á Terra, o seu planeta fogar, para unha manobra deasistencia gravitacional para impulsalo no seu camiño. Trala exploración polo miúdo de Bennu, OSIRIS-REx collerá unha mostra da superficie do asteroide en 2020 e a traerá a casa, voltando á Terra en 2023. Se todo vai ben será a mostra máis grande traída por unha misión espacial desde a época do Apollo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.