
Explicación: case cada obxecto da fotografía superior é unha galaxia. O cúmulo de galaxias Coma fotografado aquí é un dos cúmulos máis densos coñecidos; contén milleiros de galaxias. Cada unha destas galaxias alberga milleiros de millóns de estrelas; o mesmiño cá nosa propia galaxia Vía Láctea. A luz procedente do cúmulo Coma lévalle centos de millóns de anos chegar a nós, aínda que preto en comparación coa maioría doutros cúmulos. De feito, o cúmulo Coma é tan grande que a luz tarda millóns de anos chegar dunha beira á outra. A maior parte das galaxias de Coma e outros cúmulos son elípticas, mentres que a maioría das galaxias que están fóra dos cúmulos son espirais. A natureza da emisión de raios X de Coma aínda está a ser investigada.