
Explicación: as galaxias puntean o ceo nesta imaxe impresionantemente ampla e fonda do cúmulo Antlia. O cúmulo Antlia, o terceiro cúmulo máis achegado á Terra despois de Virgo e Fornax, é famoso por ser moi compacto e ter unha elevada fracción de galaxias elípticas respecto ás espirais. Antlia, catalogado coma Abell S0636, abarca uns 2 millóns de anos luz e atópase a uns 130 millóns de anos luz de distancia cara a constelación da Máquina Pneumática (Antlia). O cúmulo ten dous grupos de galaxias destacados (abaixo no centro e arriba á esquerda) entre os seus 200 membros galácticos, perno non conta cun único centro galáctico dominante. A fita vermella vertical de gas á esquerda pénsase que está relacionada co remanente de supernova de Antlia que está en primeiro plano e non se asocia co cúmulo. A imaxe composta publicada, tirada desde Nova Zelandia, resultou de máis de 150 horas de exposición empregadas durante uns seis meses.