O cometa McNaught sobre Nova Zelandia

Cometa McNaugh
Cometa McNaugh
Créditos da imaxe e copyright: Minoru Yoneto.

Explicación: o cometa McNaught quizais fose o cometa máis fotoxénico da época moderna, desde a Terra. Despois de dar todo un espectáculo no hemisferio setentrional a comezos de xaneiro de 2007, o cometa moveuse ao sur e desenvolveu unha longa e estraña cola de po que abraiou aos observadores do hemisferio meridional. A finais de xaneiro de 2007, o cometa McNaught foi captado entre o monte Remarkable e o cumio Cecil nesta espectacular fotografía tirada desde Queenstown, Illa Sur (Nova Zelandia). O brillante cometa domina a parte dereita da fotografía superior, mentres a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea domina a esquerda. Unha inspección polo miúdo da imaxe desvelará unha raia meteórica xusto á esquerda do cometa. Hoxe, o Cometa Siding Spring pode converterse no cometa máis fotoxénico da época moderna, desde Marte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.