Venres 29 Marzo 2024

O cometa Machholz achégase ao Sol

Crédito da imaxe: NASA, SOHO, LASCO, Barbara Thompson (NASA’s GSFC)
Crédito da imaxe: NASA, SOHO, LASCO, Barbara Thompson (NASA’s GSFC)

Explicación: por que está o cometa Maccholz diminuíndo tanto os seus compostos de carbono? A fama orixinal do cometa 96P/Machholz deriva de que está máis preto do Sol que calquera outro cometa de periodo curto (á metade de distancia ca Mercurio) e faino cada cinco anos. Para comprender mellor a este estraño cometa, a sonda espacial SOHO da NASA que está a vixilar ao Sol seguiu ao cometa durante o seu último achegamento de outubro. A composición de imaxes publicada amosa ao cometa, coa cola salientada, pasando máis alá do Sol. A brillante superficie solar está agochada da vista por tras dunha tampa escura, aínda que poden verse partes da extensa coron do Sol. As estrelas veciñas puntean o fondo. Unha hipótese afirma que estes achegamentos solares tan próximos dalgún xeito fan que o cometa Machholzperda o seu carbono, mentres que outra hipótese suxire que o cometa adquiriu esta composición lonxe; incluso posiblemente noutro sistema solar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente