Sábado 20 Abril 2024

O Cazador, o Touro e Lovejoy

O Cazador, o Touro e Lovejoy
Créditos da imaxe e copyright: Mike Cavaroc.

Explicación: o cometa Lovejoy (C/2014 Q2), dirixíndose ao norte, está a amosar agora o seu mellor espectáculo para os observadores de cometas, coa ausencia do luar nos ceos do comezo do serán desde mediados de xaneiro. O cometa, un obxectivo doado para os binoculares e xa visible a simple vista desde lugares escuros, varre a constelación de Taurus ou Touro nesta fonda paisaxe do ceo nocturno. A escena estrelada foi captada hai só dous días, o 12 de xaneiro, desde Jackson Hole (Wyoming), planeta Terra. De feito, a cabeza de Taurus formada polo cúmulo estelar das Híades con forma de V apunta cara Lovejoy á dereita. A coma e cola verdecentes do cometa discorrendo na dirección contraria ao Sol tamén parecer ter sido disparadas desde o arco de Orión. Podes descubrir as familiares estrelas da constelación rica en nebulosas do Cazador á esquerda, e seguir esta ligazón para salientar ao cometa Lovejoy no amplo campo de vista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente